Sen clasificarArchive for the '' Category

Xa podemos ir pensando nas festas…


Maio 4th, 2012

 

BASES CONCURSO “FESTAS DO CARME E A FRAGA”

O concello das Pontes convoca un concurso de redacción dirixido aos rapaces e rapazas dos centros de ensino. Está repartido en tres categorías.

  • Para a categoría B (1º e 2º de ESO) o traballo consistirá nun ensaio en lingua galega cunha exensión máxima de dous folios por unha soa cara sobre o tema : “Como serían para ti as festas ideais?” Nesta categoría o premio consistirá nun MP-3
  • Na categoría C (3º e 4º de ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao Medio) o traballo a presentar consistirá nun ensaio en lingua galega cunha extensión máxima de dous folios por unha soa cara sobre o tema : “Que significan as festas para un pobo?” Nesta categoría o premio consistirá nun iPod.

Os ensaios premiados serán publicados na Revista das Festas de 2012. Ademais serán lidos polos/as autores/as durante o Pregón das Festas de 2012.

Os textos deberán presentarse na Biblioteca Municipal (Avda. Castelao, s/nº) en sobre pechado co título e lema ou pseudónimo do autor, acompañado doutro pequeño sobre tamén pechado, no que constará o auténtico nome e apelidos do autor, centro no que cursa os seus estudos e teléfono de contacto.

Atención ao prazo de presentación, que remata o 14 de maio de 2012. Hai que traballar rápido!

Animádevos a participar, que disto é moito o que sabedes!

date
 

Unha canle chea de imaxes e de palabras: canle.tv


Marzo 9th, 2012

Tras a desaparición de flocos.tv, desde a Axencia Galega das Industrias Culturais promóvese agora canle.tv, o portal de imaxes para o audiovisual galego.

Non deixes de visitalo, é moito o que hai: ficción, documentais, animación, videoclips, curtametraxes..!

Nós quixeramos recomendarche, para empezar, calquera das curtamentraxes de animación de Tomás Conde e Virgina Curiá. Vas ver!

http://canletv.agadic.info/

date
 

Anfiteatrogzradio


Novembro 25th, 2011

Chéganos a nova dunha grande iniciativa: a creación dunha radio en galego que emitirá 24 horas ao día na nosa lingua, e que poderemos facer entre todas e todos. De momento, é un proxecto que xa está en construción e onde xa algo se pode oír. Non deixes de visitalo, para coñecelo e por se tes algunha idea, ou algún material, para te sumar a el. Chámase Anfiteatrogzradio e está aberto!

Unha outra iniciativa, de radio en liña e en galego, que xa leva algún tempo en marcha é o programa Recendo, que desenvolven desde a coruñesa Asociación cultural Alexandre Bóveda en colaboración con varios centros de ensino. Bótalle unha “escoitada” ás moitas cousas que fan, para aprender, e por que non? para facermos nós outro tanto.

date
 

O Samaín: unha presa do opinións


Outubro 27th, 2011

Un interesantísimo traballo de investigación, sobre o terreo, con entrevistas, reportaxes, testemuñas, e humor… realizado por un equipo de antropólogos que estudan 2º de Bacharelato: Andrea Caaveiro, Ana Antelo, Iago Foxo, Emilio Sanjurjo.

date
 

The Homens


Outubro 21st, 2011

Como xa saberedes, o pasado 23 de setembro o grupo musical The Homens pechou unha etapa da súa carreira na vila das Pontes, cun concerto no Teatro Alovi. Para todos aqueles e aquelas que non puidestes (ou que non intentastes) asistir, queriamos dicirvos o moito que vos perdestes. E para que vos deades conta, non deixedes de ver este vídeo dunha das súas cancións que máis soan, “Calamar”, incluído no álbum Tres:

Se queredes escoitar e disfrutar máis da música deste trío que acabou en cuarteto, desde o propio local da rede de The Homens así como desde Komunikando.net podedes acceder, e mesmo descargar de balde, o seu último disco (para nós, o mellor): Cuarta potencia.

date