MúsicaArchive for the '' Category

Música de nós: Pórtico, de Antón Alcalde


Outubro 28th, 2011

Esta obra, do rianxeiro Antón Alcalde Rodríguez (de tan só 19 anos), é unha sorte de poema descriptivo. A pesar do título non conta a historia dos músicos do Pórtico da Gloria se non un amencer en Santiago de Compostela no século XIII e ao seu redor concéntrase a feira: os comerciantes abren os postos, hai unha competición de cabaleiría e un trobador conta a historia do Almirante do Mar Paio Gómez Chariño que liberou Sevilla dos mouros e entregoulla a Castela concluíndo a obra cun retorno ao presente século XIII.

É unha obra de non fácil execución. No tema principal nótase como as trompetas teñen que acadar unha oitava inhumana para os metais. Na parte da feira cabe resaltar o campanólogo como campás da catedral, o uso de frautas doces para dar ambientación, os sons animais e a declamación trobadoresca do trompeta segundo. O cantar comeza cun solo de dolçaina que toca unha variación do Himno Galego ao modo mourisco e a partires de aí até o final é como estar nunha batalla: berros, entrechocar de espadas e a victoria final das tropas de Paio. Un uso envidiable da percusión e un final digno de abrazar aos trompetistas porque o seu é de órdago.

Para a próxima a súa sinfonía número 1 “Marea Negra” por desgraza cunha explicación máis longa ca esta… ou non.

Unha colaboración de Iago Foxo

date
 

The Homens


Outubro 21st, 2011

Como xa saberedes, o pasado 23 de setembro o grupo musical The Homens pechou unha etapa da súa carreira na vila das Pontes, cun concerto no Teatro Alovi. Para todos aqueles e aquelas que non puidestes (ou que non intentastes) asistir, queriamos dicirvos o moito que vos perdestes. E para que vos deades conta, non deixedes de ver este vídeo dunha das súas cancións que máis soan, “Calamar”, incluído no álbum Tres:

Se queredes escoitar e disfrutar máis da música deste trío que acabou en cuarteto, desde o propio local da rede de The Homens así como desde Komunikando.net podedes acceder, e mesmo descargar de balde, o seu último disco (para nós, o mellor): Cuarta potencia.

date