I «Sentada pola lingua»
Maio 9th, 2012
O sábado 12 de maio, ás 12 da mañá, a Mesa das Pontes convócanos para traer a lingua á praza. No Parque Municipal todas as veciñas e veciños da vila e a contorna estamos convidados a lermos un texto en galego da nosa escolla. Quen o desexe, poderá poñerse en pé para ler, recitar e/ou cantar un anaco da obra seleccionada.
Trátase dun acto aberto, lúdico, festivo e reivindicativo, como é sempre a Festa das Letras. Queremos galego, tamén na rúa!
Nesta «sentada», ademais da participación de Xalo Maira, responsable do pub F&K e gañador do premio O Tesouro polo emprego do galego no mundo da empresa, contaremos tamén coa presenza de músicos e poetas da vila.
Animádevos, tráede a lingua convosco!





