creaciónArchive for the '' Category

É tempo d’As Boliqueiras! É tempo de Cunqueiro!


Febreiro 27th, 2012

NOVIDADE IMPORTANTE:

o prazo para a presentación de traballos foi ampliado, tedes agora até o 23 de abril!

Xa se fixo pública a convocatoria do V Certame das Boliqueiras, que organiza o grupo pontés da Mesa pola Normalización Lingüística, coa axuda do Concello das Pontes e de Endesa. Nesta convocatoria, o escritor Álvaro Cunqueiro é  a figura central, e nas categorías destinadas ao alumnado de secundaria hai novidades importantes, que convidan a novas formas de ser creativos.

E.S.O. / traballos para voces

Para 1º e 2º da E.S.O.  trátase de elaborar, por equipos, un arquivo de audio (podcast), en que, se adapte para varias voces (narrador, diferentes personaxes que dialogan, ou pensan…) un conto de Cunqueiro. Poderá haber efectos sonoros ou musicais, e tal traballo non debería exceder os 3 minutos de duración.

Os textos, dos cales os participantes deberán escoller un, figuran nos libros Os outros feirantes e Xente de aquí e acolá e son os seguites: “O paraugas Xacinto”,” Os diálogos de Perrín”, “Barcas e o golpe”, “O cabalo de Alberte Merlo”, “Amadeo de Sabres”, “Paulino de Botas” ou “O corvo Estanislao”.

3º e 4º da E.S.O. e Bacharelato / curtametraxes

Para o Bacharelato,  nas Boliqueiras deste ano propóñenvos a elaboración dunha curtametraxe, que non exceda os 3 minutos, e que consista nunha adaptación audiovisual dun conto de Cunqueiro. O traballo tamén se realizará por grupos e, evidentemente, a recreación do relato será libre, isto é, non ha de recoller punto por punto o que aparece no texto, senón que os participantes poderán seleccionar os aspectos que crean convenientes, e mesmo modificar o desenlace da acción.

Os contos  que deben servir de partida para a elaboración do audiovisual están tamén comprendidos en Os outros feirantes ou Xente de aquí e acolá, e son os seguintes:  “Liñas de Eirís”, “Rello de Pontemil”, “Tristán García”, “Don Felicio escribe desde o outro mundo”, e “O corvo Estanislao”. Os participantes, ao igual que na categoría anterior, deberán de elexir un deses relatos para a súa curtametraxe.

O premio, para cada categoría, é de 150 €. E o prazo de presentación dos traballos foi ampliado até o 23 de abril.

Podedes presentar os traballos na Biblioteca Municipal das Pontes, ou ben a través do seguinte correo electrónico: boliqueiras@gmail.com. Non esquezades indicar o nome dos participantes, así como o voso enderezo e un número de teléfono de contacto.

Para máis información, diríxete ao Equipo de Dinamización Lingüística.

date
 

Falar de amor: os gañadores!


Febreiro 14th, 2012

Aquí temos o gañador e as gañadoras da convocatoria de “falar de amor”. Parabéns para os tres, e grazas a todos por participar. Non deixedes de lle dar a forma das palabras ao amor!

A entrega de premios ás gañadoras e ao gañador terá lugar o vindeiro venres, 17 de febreiro, durante o festival do Entroido que celebraremos no centro. Pódeno recoller persoalmente, ou ben por medio do seu/da súa representante.

Categoría: a) 1º, 2º e 3º da E.S.O

Adrián Palmeiro Pardo (1º ESO B)

As palabras que existen no planeta faríanse pequenas para mostrarche o meu amor cara a ti.” (nº3)

Categoría: b) 4º da E.S.O., Bacharelato, e P.C.P.I.

Carla da Silva Castro (2º Bacharelato A)

“Non seremos os mellores do mundo, pero seremos nós, que é moito máis (nº 25) “

Categoría: c) Profesorado, pais e nais, e persoal non docente

Adoración Pilar Pena Rodríguez

“Descubrín a maxia do amor ao estar contigo… Es a chispa da miña vida” (nº 53)

 

date
 

Falar de amor: as declaracións!


Febreiro 13th, 2012

Xa temos aquí algunhas das declaracións amorosas que foron chegando para o noso concurso “Falar de amor”. Así que contamos con palabras para o 14 de febreiro, e para todo o ano!

Grazas a todas as persoas que se animaron a participar! Mañá faremos públicos os nomes dos/das gañadores/as.


Categoría: a) 1º, 2º e 3º da E.S.O

  • A vida dános 1000 razóns para chorar. Demostreille que tiña 1001 para sorrir ao coñecerte. (nº 1)
  • Nunca digas nunca, tampouco digas sempre, dime que me queres como nunca, para sempre. (nº 2)
  • As palabras que existen no planeta faríanse pequenas para mostrarche o meu amor cara a ti. (nº3)

Categoría: b) 4º da E.S.O., Bacharelato, e P.C.P.I.

  • Non seremos os mellores do mundo, pero seremos nós, que é moito máis. (nº 25)

Categoría: c) Profesorado, pais e nais, e persoal non docente.

  • Se tivera que elixir entre a choiva que bate no tellado e ti quedaríame contigo. (nº 50)
  • Se me dis vén non deixo todo pero trabarei as nosas pegadas  na area. (nº 51)
  • Gústame escoitar a túa voz: arroupa máis cun  edredón nórdico de pluma de oca 100% .  (nº 52)
  • Descubrín a maxia do amor ao estar contigo… Es a chispa da miña vida. (nº 53)
  • Quero que me aprenda a mentir a túa lingua. (nº 54)
  • Chúchame deste pasadizo escuro cos bicos teus.  (nº 55)
  • Tírome ao pozo sen corda dos teus ollos.  (nº 56)
  • Tírome ao pozo dos teus ollos e amárrome ao teu pescozo.  (nº 57)

 



date
 

Imaxes (de Chema Madoz) para palabras (nosas)


Febreiro 3rd, 2012

Aquí temos o traballo que realizou o alumnado de 1º de Bacharelato na materia de Filosofía, a partir de magníficas fotografías de Chema Madoz.


View more documents from felixlongueira.

 

Parabéns a todos e todas os que interviñestes na elaboración, e grazas por compartilo connosco.

date
 

Se fose pobre


Decembro 15th, 2011

Mira que costa imaxinarse que un é pobre, porque claro, imaxinar que un é rico é moi fácil, empezas a pensar: “eu faría isto e aquilo”, pero claro, se es pobre pensas: “eu non podería facer isto, nin aquilo”. Entón, o primeiro que se che vén á mente son os países pobres, a xente pobre deses países, que por culpa das guerras, conflitos, políticos corruptos, culturas, falta de axudas dos países máis ricos, están somerxidos na miseria. Así que me imaxino que se eu fose pobre estaría coma eles, vivindo nunha vivenda seguramente sen luz eléctrica nin auga corrente, como adoita suceder na maioría dos casos. Na miña mesa escasearían a maioría dos alimentos que hai nunha mesa calquera de xente acomodada.

Tampouco creo que tivera un cuarto para min só, cun armario cheo de roupa, a maior parte dela de marca. Non creo que tivera a posibilidade de sentar comodamente nun sofá a ver a miña serie favorita, nin me chulearía de ter un móbil de último modelo.

Pero, o máis serio e problemático de verdade, sería que posiblemente non tería acceso á sanidade como ocorre en países subdesenvolvidos, nin acudir a un centro de ensinanza pública, para ter estudos e unha preparación para o futuro. Se eu fose pobre procuraría falar cos meus pais para que me deixasen ir á escola, primeiro, e despois buscaríame a vida para conseguir algunha bolsa que me permitira seguir estudando no meu país ou fóra del. Intentaría por tódolos medios posibles saír da pobreza, incluso se fose necesario emigraría a algún país desenvolvido.

Non é que queira ser un millonario, pero ser pobre, pobre de verdade, é moi triste. Sobre todo cando non tes un cacho de pan que levar á boca, nin un teito seguro onde poidas durmir.

José Miguel Fernández (3º E.S.O. A)

date