campañasArchive for the '' Category

Vitaminas para o galego


Marzo 23rd, 2012

Ante a desaparición paulatina mais constante de varios medios de comunicación en lingua galega, tanto dixitais como impresos, durante os últimos meses, varias medios de información decidiron lanzar esta interesante campaña, chamada Vitaminas para o galego, que pretende nos sensibilizar e facernos pensar sobre o importante que é a pluralidade da información, e o necesario que é podermos acceder a ela na nosa lingua.

Non deixes de visitar o seu blogue, onde poderás encontrar, entre outras cousas, as ligazóns aos diferentes medios de comunicación que empregan o galego para nos informar, ou as variadas iniciativas que acolle esta campaña.

Deámoslle vitaminas ao galego!

date
 

O galego, tamén no fútbol!


Novembro 11th, 2011

Agora que os e as futboleiras andan a voltas co derbi entre o Deportivo e o Celta, non está de máis lembrar a campaña lanzada desde Galego Lab que reivindica a presenza da nosa lingua en Riazor, e no Deportivo da Coruña. Xa vai sendo hora de que o de ser siareiro/a do Deportivo non sexa exclusivo dos castelán-falantes. A todos e todas os que falamos galego (ou queremos falalo) e temos interese no Deportivo, por que non nos informan e nos atenden na nosa lingua?

Parece que nisto da lingua, o clube do sur vai tamén por diante, xa que no local na rede do Celta si que temos a opción do galego, algo que no acontece na do Deportivo. Por que non lles pedidos aos responsábeis do Deportivo que empreguen o galego? Enviémoslles un correo coa nosa petición a calquera destes correos electrónicos:

deportivo@canaldeportivo.com

deporcultura@canaldeportivo.com

Ademais, se queres sumarte desde facebook ao grupo promovido por Galegolab.org para termos un Dépor de 1ª tamén nunha lingua de 1ª, esta é a ligazón.

(http://www.facebook.com/home.php#!/group.php?gid=409185220190 )

date