Falar de amor: as declaracións!
Xa temos aquí algunhas das declaracións amorosas que foron chegando para o noso concurso «Falar de amor». Así que contamos con palabras para o 14 de febreiro, e para todo o ano!
Grazas a todas as persoas que se animaron a participar! Mañá faremos públicos os nomes dos/das gañadores/as.
Categoría: a) 1º, 2º e 3º da E.S.O
- A vida dános 1000 razóns para chorar. Demostreille que tiña 1001 para sorrir ao coñecerte. (nº 1)
- Nunca digas nunca, tampouco digas sempre, dime que me queres como nunca, para sempre. (nº 2)
- As palabras que existen no planeta faríanse pequenas para mostrarche o meu amor cara a ti. (nº3)
Categoría: b) 4º da E.S.O., Bacharelato, e P.C.P.I.
- Non seremos os mellores do mundo, pero seremos nós, que é moito máis. (nº 25)
Categoría: c) Profesorado, pais e nais, e persoal non docente.
- Se tivera que elixir entre a choiva que bate no tellado e ti quedaríame contigo. (nº 50)
- Se me dis vén non deixo todo pero trabarei as nosas pegadas na area. (nº 51)
- Gústame escoitar a túa voz: arroupa máis cun edredón nórdico de pluma de oca 100% . (nº 52)
- Descubrín a maxia do amor ao estar contigo… Es a chispa da miña vida. (nº 53)
- Quero que me aprenda a mentir a túa lingua. (nº 54)
- Chúchame deste pasadizo escuro cos bicos teus. (nº 55)
- Tírome ao pozo sen corda dos teus ollos. (nº 56)
- Tírome ao pozo dos teus ollos e amárrome ao teu pescozo. (nº 57)




